A organización da II edición do Vertiatlón Solidario de Baiona decidiu ampliar o prazo de inscrición na proba ata o día 31 de agosto.
A proba, que terá lugar o 10 de setembro, é unha competición con fins solidarios xa que servirá para recaudar fondos para á Escola de Vela Adaptada do Monte Real Club de Yates de Baiona. O Vertiatlón celebrarase sobre a distancia sprint, de forma que os participantes deberán realizar 750 metros de natación, 18,20 quilómetros de ciclismo e 5 de carreira a pe.
No enlace tedes o regulamento da proba.