SOLICITUDE DE INVITACIÓNS PARA O CTO. GALEGO DE TRÍATLON 2016:
As solicitudes de invitación enviaranse á Federación (por correo electrónico: fegatri@hotmail.com).
Prazo para o envío de solicitudes: ata ás 14:00 horas do luns, 22 de Agosto de 2016.
Para a súa solicitude seguirase o indicado no punto 5 do Regulamento para os Circuítos Galegos de Duatlon e Tríatlon e Campionatos Galegos Tempada 2016 (aprobado en Asemblea de 17/12/2015):
5.1) As invitacións só serán para deportistas con licenza galega pertencentes a Clubs que tivesen participación na tempada anterior.
5.2) Distribución
a) Os tres primeiros clubs masculinos do Cto. Galego da tempada anterior disporán de 3 invitacións masculinas e os tres primeiros femininos disporán de 3 femininas.
b) Do 4º ao 6º disporán de 2 e 2
b) O resto disporán de 1 e 1 .
c) A Dirección Técnica da FEGATRI disporá de 3 e 3 invitacións, que poderá dar ou non, avaliadas as solicitudes presentadas. As solicitudes deben ser motivadas e presentadas á Federación ao remate dos circuítos.
No seguinte enlace podedes consultar a lista de clasificados para o Cto. Galego de Tríatlon 2016: