Almazán acolleu o pasado sábado, 15 de xullo, o Campionato de España de Ácuatlon.
Andrés Cendán, do Cidade de Lugo Fluvial, realizou unha gran carreira a pé que lle permitiu chegar a meta en segunda posición a tan só catro segundos do primeiro clasificado, o seu compañeiro de equipo, Kevin Tarek. O terceiro posto foi para Adrián Martínez do Tríatlon Inforhouse Santiago.
A participación galega completouna Víctor Bouzón do Club Olímpico de Vedra (15º), David González do Cidade de Lugo Fluvial (16º), Xoel Rodríguez do Club Olímpico de Vedra (21º), Cristian González do Tríatlon Arteixo (47º) e Marcos González do Club Olímpico de Vedra(50º).
Na categoría Élite feminina participaron Nerea Alvite do Tríatlon Arteixo (24ª), Sonia Pariente do Tríatlon Rías Baixas (26ª), Andrea Espiño do Club Olímpico de Vedra (36ª), María Fuentes do Club Olímpico de Vedra (38ª) e María Elena Miguens do Club Olímpico de Vedra (39ª).
Na proba júnior masculina, Miguel García do Tríatlon Rías Baixas rematou no 22º posto.
Na proba xuvenil masculina, participaron Lucas Ribó do Club Tríatlon Compostela (28º), Leo Rial do Club Natación Riveira (42º), Daniel Vieito do Club Tríatlon Compostela (48º), Hugo José Cea do Club Olímpico de Vedra (53º), Alexandre Pomar do Club Olímpico de Vedra (54º) e Brais Otero do Club Olímpico de Vedra (55º).
Imaxe: Federación Española de Tríatlon