ANTONIO SERRAT E JAVIER GÓMEZ NOYA PRESENTES NA PENÚTLIMA CITA DAS SERIES MUNDIAIS.

18 de Xullo de 2019

Edmonton no condado canadiense de Alberta acolle esta fin de semana a sétima cita das World Triathlon Series. Esta será a última proba antes da gran final que se disputará na cidade suiza de Lausanne

A proba que se disputará en formato sprint contará coa presenza dos mellores triatletas do momento e por suposto cos nosos dous representantes nas series mundiais, Javi Gómez Noya e Antonio Serrat.

Javier Gómez tentará acadar un bo resultado que o achegue ao liderato do ránking ITU. Actualmente ocupa a segunda posición. Pola outra banda Antonio Serrat chega despois de acadar na última cita en Hamburgo o seu mellor resultado até o momento nas WTS, rematando en décimo terceira posición. Precisamente tamén en distancia Sprint.

O tráitlon volve ás pantallas de Televisión e poderemos seguir a actuación dos galegos en directo en Teledeporte ás 01:35 da madrugada do sábado.

Quizáis che interese…

Política de cookies

Este sitio web usa cookies para que lle poidamos ofrecer a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no seu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volve ao noso sitio web ou axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web lle resultan máis interesantes e útiles.