ANTONIO SERRAT E TATIANA DOMÍNGUEZ, GAÑADORES DA PROBA OLÍMPICA DO WILD WOLF TRIATHLON SERIES BY POLAR DA CORUÑA

1 de Setembro de 2013

 

  • Na distancia sprint os vencedores foron Andrés Cendán e Marta Barbeito.

 

Este domingo 1 de setembro celebrouse na cidade da Coruña a sexta proba da oitava edición da Wild Wolf Series by Polar, cunha enorme participación (650 deportistas) e moita emoción nas diferentes probas.

 

Desta forma, na distancia sprint proclamouse gañador na categoría masculina Antonio Cendán (Dexter Tríatlon), por diante de David Liste e José Manuel Vázquez, ambos do seu mesmo club. Na proba feminina, a campioa foi a favorita Marta Barbeiro (A.D. Fogar), por diante da xúnior Irene Serrat (Wild Wolf) e Laura Mosquera (Arcade Inforhouse).

 

Distancia olímpica. Na proba olímpica Antonio Serrat (Wild Wolf Cidade de Lugo) non deu opción á sorpresa e logrou o triunfo por diante de Francisco Cendán (Dexter Tríatlon) e José Manuel Pardo (Muralla de Lugo), segundo e terceiro respectivamente. Na categoría feminina, a gañadora foi Tatiana Domínguez (Motobike), por diante de Mar Labandeira (Mar de Vigo). O terceiro posto foi para Rocío Porto, do Motobike de Pontevedra.

 

O circuíto Wild Wolf Series by Polar está formado por 10 etapas, nas que se celebran diferentes probas de tríatlon dependendo das distancias (olímpica e sprint, tanto individuais coma por relevos). O circuíto comezou en Madrid (29 e 30 de xuño) e xa se disputaron as probas de Castellón, Barcelona, Andorra e Tarragona. Trala celebración da etapa de tríatlon na Coruña, quedarán por diante as probas de Palma de Mallorca, San Sebastián, Gava e Málaga.

 

 

 

 

Quizáis che interese…