Antonio Serrat, Top 10 nas Series Mundiais de Sunderland

31 de Xullo de 2023

O pasado sábado, 29 de xullo, Antonio Serrat logrou o 9º posto nas Series Mundiais de Sunderland (Reino Unido). 

Unha excelente carreira a pé permitiulle chegar a tan só 18 segundos do podio, demostrando unha vez máis o seu gran estado de forma.

O galego foi o mellor posicionado da selección española, con Sergio Baxter rematando 13º, Alberto González 45º e Mario Mola 49º.
O vencedor da proba foi Pierre Le Corre (FRA), seguido de Léo Bergere (FRA) e Hayden Wilde (NZL).

Ao día seguinte, Serrat formou parte das Remudas Mixtas xunto a Miriam Casillas, Sergio Baxter e Noelia Juan. O equipo español logrou unha histórica 5ª posición cun tempo de 01:28:27.
O primeiro posto foi para Francia (01:26:53), segundo para Gran Bretaña (01:27:16) e terceiro para Noruega (01:27.27).

Resultados completos. 

 

Quizáis che interese…