APRAZAMENTO DÚATLON CONCELLO DE MUROS E DEVOLUCIÓN DA INSCRICIÓN

31 de Marzo de 2020

A continuación  podes consultar o Comunicado de  Aprazamento do V Dúatlon “Eleuterio Balayo” Concello de Muros. A FEGATRI xunto á organización traballará para ver a posibilidade de retomar, unha vez normalizada a situación actual, o seu posible desenvolvemento. A petición da organización procedese á devolución dos importes aboados, a través do TPV co que foron xestionadas.

——————————————————————————————————————————
 
COMUNICADO: APRAZAMENTO DA V EDICIÓN DO DÚATLON “ELEUTERIO BALAYO” CONCELLO

DE MUROS

Debido á situación actual provocada pola crise sanitaria global, a V edición do Dúatlon “Eleuterio Balayo” Concello de Muros, prevista a súa celebración o sábado 25 de abril, vese na obriga de pospoñerse. A cancelación ou aprazamento das probas deportivas pasa a un segundo plano, sendo o máis importante e prioritario nestes momentos combater a pandemia provocada polo Covid-19 e acabar con esta crise sanitaria.

Unha vez remate o Estado de Alarma e que o Goberno de España configure un novo escenario para o desenvolvemento das probas e dos eventos deportivos, a concellaría de Deportes do Concello de Muros traballará xunto coa Federación Galega de Tríatlon e Péntatlon Moderno (Fegatri) para planificar unha nova data de celebración. Esta nova data anunciarase tan pronto como a situación na que nos encontramos garanta a seguridade e a saúde das persoas participantes, espectadores, persoal relacionado… e previo consentimento das autoridades sanitarias.

Desta maneira, damos as instrucións á Fegatri para que reintegre o importe das cotas ás persoas inscritas.

Por último, enviamos a nosas forzas para que todas afectadas polo Covid-19 superen a enfermidade e mandamos as nosas condolencias ás persoas que perderon familia ou amizades por culpa deste virus co que temos que loitar.

 

— 

DÚATLON “ELEUTERIO BALAYO” CONCELLO DE MUROS
Concello de Muros
Curro da Praza, 1
15250 Muros
duatlon.muros.gal
Facebook: @murosduatlon
Twitter: @duatlon_muros

Quizáis che interese…