ARCADE INFORHOUSE, CAMPIÓN DE ESPAÑA DE TRÍATLON POR CLUBS NA CATEGORÍA MASCULINA E BRONCE NA FEMININA

29 de Setembro de 2014

O Arcade Inforhouse logrou proclamarse hoxe en Santander campión de España de Tríatlon por Clubs de Primeira División na categoría masculina e bronce na feminina. Ademais hai que destacar o subcampionato do Cidade de Lugo Fluvial na categoría feminina. No aspecto negativo, o tríatlon galego sufriu o descenso de categoría do Tríatlon Ferrol que, a pesar de finalizar esta proba na quinta posición, non puntuara en ningunha da probas anteriores que conforman a Liga.

Na Primeira División, categoría masculina, o Arcade Inforhouse logrou revalidar o título acadado o pasado ano con 1.239 puntos. Os deportistas do conxunto santiagués fixeron unha proba excepcional e proba diso foi o segundo posto de Antón Ruanova, o terceiro de Duarte da Silva e o quinto de Brais Canosa. O outro club galego participante nesta categoría, o Cidade de Lugo Fluvial, rematou na novena posición (631 puntos).

DSC_5294 - copiaNa categoría feminina, o triunfo foi para o Diablillos de Rivas (1.157), mentres que a segunda posición estivo ocupada polo Cidade de Lugo Fluvial (1.130 puntos) e o Arcade Inforhouse foi terceiro (1.003 puntos). O Tríatlon Ferrol, que rematou na quinta posición, non puido esquivar o descenso de categoría. O club ferrolán non participará en todas as probas que puntuaban para a clasificación da Liga (Copa do Rei, Campionato de España de Relevos, Campionato de España de Tríatlon distancia olímpica y distancia sprint e Campionato de Clubs), polo que finalmente descendeu a Segunda. Na clasificación individual, Miriam Casillas (Tríatlon Ferrol) foi primeira e Melina Alonso (T. Ferrol), segunda.

Cada entidade presentaba un equipo formado por un mínimo de 8  deportistas e un máximo de 10 e puntúan todos os participantes. A proba, que era a última da Liga, disputouse sobre a distancia sprint (750 metros de natación -20 quilómetros de bicicleta- 5 quilómetros de carreira a pe).

 

Quizáis che interese…