AROA FREIJE, BRONCE NO EUROPEO CADETE DE PÉNTATLON

14 de Xuño de 2013

Aroa Freije fixo hoxe historia ao converterse no primeiro/a deportista galego/a que acadou unha medalla europea no péntatlon moderno. Hoxe logrou a medalla de bronce no Europeo cadete que se está a disputar en Bielorrusia. Ademais, Aroa  é a terceira  deportista española que conseguiu unha praza no podio nun Europeo, aínda que a última foi hai quince anos.

A galega rematou a primeira xornada (natación) na oitava posición e remontou o segundo día (combinada) ata esa medalla de bronce.A primeira clasificada foi a turca Ilke Ozyuksel, que partía nesta xornada xusto despois de Aroa, mentres que a prata foi para Aurora Tognetti (Italia).

A medalla de bronce no Europeo Cadete de Pentatlón Moderno, Aroa Freije, chegará mañá domingo 16 de xuño (14:15 horas) ao aeroporto de Lavacolla en Santiago de Compostela.

Quizáis che interese…