AROA FREIJE, CLASIFICADA PARA A FINAL DO CAMPIONATO DO MUNDO XUVENIL DE PÉNTATLON MODERNO

16 de Maio de 2014

Aroa Freije (Tri-Penta Terras de Lugo) logrou hoxe entrar na final do Campionato do Mundo Xuvenil de Péntatlon Moderno, que se está a celebrar en Budapest, cunha espectacular segunda praza no seu grupo. Mañá disputará a final, onde só están as 36 mellores das noventa participantes.

Aroa Freije disputou hoxe a proba da combinada, xa que o día anterior non puidera celebrarse por culpa da choiva, frío e  vento que azoutaba Budapest. E coma sempre, fixo unha combinada dun altísimo nivel (foi a terceira mellor do seu grupo), que lle permitiu escapar dende a undécima posición do seu grupo ata a segunda e lograr así unha clasificación moi sinxela.

No día de onte, a galega realizou as probas de natación e esgrima. Aroa, que competía no Grupo B, fixo o mellor tempo da súa semifinal (e o terceiro mellor tempo das 90 participantes) na natación e cumpriu na esgrima, enfrontando a combinada na undécima posición da clasificación xeral provisional da súa semifinal (dun total de trinta deportistas).

No Campionato do Mundo participan 200 deportistas de 36 países e ao longo de seis días haberá varias probas: Competición por equipos masculino e feminino, competición individual masculina e feminina y relevos mixtos.

Quizáis che interese…