Os galegos Aroa Freije e Raúl Blanco participarán esta fin de semana na Copa de Europa Youth de Gran Bretaña de Pentatlón Moderno, que se celebrará na cidade de Birmingham. O obxectivo fundamental é lograr os puntos necesarios para clasificarse para os Xogos da Xuventude, que terán lugar en China este ano.
Aroa, acompañada pola seleccionadora galega Ruth Ballesteros, sairá mañá venres dende Coruña, mentres que Raúl partirá dende Barcelona (onde está adestrando no CAR) xunto ao resto do equipo español, Lluis Shivell, Joan Gispert.
Na Copa do Mundo de Birmingham as e os deportistas terán que realizar as probas de natación, esgrima e combinada. Aroa compite nunha categoría superior a súa, xa que aínda é cadete, pero xa amosou as súas posibilidades no Campionato de Europa Youth de Péntatlon Moderno o pasado ano, onde rematou en décima posición, pero ademais foi a primeira clasificada das deportistas da súa idade.