PABLO DAPENA, FERNANDO ALARZA E RICARDO HERNÁNDEZ PARTICIPARÁN ESTA FIN DE SEMANA NA COPA DO MUNDO DE MOOLOOLABA

13 de Marzo de 2014

Pablo Dapena (Cidade de Lugo Fluvial), Fernando Alarza (Tri-Penta Terras de Lugo) e Ricardo Hernández (Tri-Penta Terras de Lugo) competirán o sábado 15 de marzo na Copa do Mundo de Mooloolaba (Australia), coa que da comezo a Copa do Mundo desta tempada. Ademais, na categoría feminina, estará presente a deportista ilicitana do Tríatlon Ferrol, Tamara Gómez.

E na proba haberá xente moi importante coma Mario Mola, Joao Silva, Sven Riederer ou Laurent Vidal. Pero os galegos tentarán plantar cara e estar loitando polos primeiros postos. Fernando Alarza e Ricardo Hernández, que este ano compiten con licenza galega ao formar parte do Grupo de Alto Rendemento do CGTD, levan varias semanas adestrando en Chile co resto do equipo galego, pero agora abandonaron esta concentración para competir na Copa do Mundo de Mooloolaba. E xunto a eles estará o pontevedrés Pablo Dapena, que estivo adestrando estes últimos días en Nova Zelanda xunto a Javier Gomez Noya, quen buscará un bo resultado a nivel internacional na súa primeira proba do ano e a primeira Copa do Mundo da súa carreira profesional.

A Copa do Mundo de Mooloolaba disputarase este sábado –ás 3:00 da madrugada a proba feminina e ás 6:00 a masculina, hora española- na  distancia sprint (750 metros de natación, 20 quilómetros de ciclismo e 5 de carreira a pé). Hai que recordar que o pasado ano logrou a vitoria Javier Gómez Noya, que este ano non participará.

Quizáis che interese…

Galegos con maiúsculas

Galegos con maiúsculas

Antonio Serrat, Susana Rodríguez, Antonio Benito, Cidade de Lugo Fluvial, Pablo Dapena e as...