A galega Aroa Freije acadou a medalla de prata no primeiro Campionato do Mundo de Laser Run, que se está a celebrar esta fin de semana en Perpignan (Francia). A Federación Galega de Tríatlon e Péntatlon Moderno desprazou a Francia a un equipo formado por nove deportistas.
Na categoría Youth A (xuvenil) gañou Anmer Marian de Exipto, mentres que a nosa Aroa acadou a medalla de prata. Ademais houbo unha medalla para unha deportista española na categoría Youth b (cadete), grazas a Laura Heredia que acadou o bronce. O resto dos representantes galegos tiveron actuacións discretas: Javier Pena, Martín Freije e Andrea Vidal participaron en Youth B e Raul Blanco en júnior. Iso si, recordando que Martín e Andrea aínda son infantís, polo que están a competir con deportistas de máis idade. Neste mundial os participantes realizan dúas das especialidades do péntatlon: Correr e disparar, que no péntatlon se realizan na combinada.
Xunto ao Mundial celebráronse probas noutras categorías inferiores, cun importante nivel coa participación de deportistas de 12 países. En alevín, Mercedes Vila logrou a terceira posición, mentres que Claudia Gámez foi quinta e Ainhoa Corral, oitava. Ademais, hai que destacar a terceira posición de Martín Cando na proba popular infantil.
A Federación Galega de Tríatlon e Péntatlon Moderno desprazou a Francia a Ainhoa Corral, Mercedes Vila, Claudia Gámez, Andrea Vidal, Aroa Freije (categoría feminina); Martín Pardo, Martín Freije, Javier Pena e Raul Blanco (masculina).