Os galegos Aroa Freije, Raúl Blanco e Lúa Vidal participarán este sábado 26 de abril na Copa de Europa de Cataluña de Pentatlón Moderno das categorías cadete e xuvenil, que se disputará na localidade de San Boi de Llobregat.
As e os deportistas, dependendo da categoría, disputarán diferentes probas. En cadete, coa participación de Lúa Vidal, só se celebrarán as probas de natación e combinada (carreira e tiro), mentres que en xuvenís (con Aroa Freije e Raúl Blanco) incorporan tamén a esgrima. No caso dos xuvenís hai que destacar que será a última proba que outorgará puntos para a clasificación para os Xogos da Xuventude, que se celebrarán este verano en China. Despois celebraranse os Campionatos de Europa e do Mundo, que darán prazas directas.
En principio, e cos resultados das diferentes Copas de Europa disputadas, parece que Aroa Freije ten moitísimas posibilidades de lograr a clasificación, mentres que Raúl Blanco aínda o ten bastante complicado. Aroa logrou a vitoria na última Copa de Europa, disputada en Portugal, mentres que Raúl foi bronce, polo que necesitaría lograr un gran resultado en Sant Boi para seguir aumentado as súas probabilidades.