ESTA FIN DE SEMANA CELEBRARANSE AS FINAIS PROVINCIAIS DE PONTEVEDRA, A CORUÑA E LUGO DE DUATLÓN ESCOLAR

24 de Abril de 2014

Esta fin de semana celebraranse as finais provinciais de Pontevedra, A Coruña e Lugo do programa “Xogade” de Duatlón Escolar. Estas probas son clasificatorias para a final galega que se celebrará o 10 de maio en Portosín.

A proba de Lugo celebrarase en Lugo cidade (no Paseo do Rato) o sábado 26, a partir das 16:00 horas, mentres que o domingo terán lugar as outras dúas fases. A de A Coruña disputarase en Ferrol a partir das 11:00 horas no Paseo da Malata, mentres que a fase provincial de Pontevedra será no Porriño, polo casco urbano, a partir das 16:00 horas.

As distancias son diferentes segundo a categoría. Desta forma, en benxamín as e os deportistas correrán 500 metros, farán 2 quilómetros en bicicleta e correrán 250 metros; en alevín as distancias son de 1 quilómetro (carreira), 4 quilómetros de bici e 500 metros de carreira a pe; en infantil 1,5 quilómetros de carreira, 6 quilómetros de bicicleta e 750 metros de carreira e, por último, en cadete son 2 quilómetros de carreira a pe, 8 quilómetros de bicicleta 1 quilómetro de carreira. As probas celebraranse nas proximidades do campo de fútbol de Maceda.

O programa está formado por sete probas locais que eran clasificatorias para as provinciais, de onde sairán os participantes na final galega. Nas fases provinciais clasifican para a final galega os 8 primeiros clasificados de cada categoría (masculino e feminino), ademais dos dous primeiros equipos por categoría e sexo. “Xogade” está desenvolvido pola Secretaría Xeral para o Deporte, en colaboración coa FEGATRI.

 

Quizáis che interese…

Oleiros é Tríatlon

Oleiros é Tríatlon

[Actualizado 13:00 01 de Junio de 2021] Xa temos os gañadores e as clasificacións do Tríatlon de...