AROA FREIJE, UNDÉCIMA NO OPEN IBEROAMERICANO DE PENTATLÓN MODERNO QUE SE CELEBROU EN AMPOSTA

28 de Marzo de 2015

A galega Aroa Freije (Tri-Penta Terras de Lugo) ocupou a undécima posición no I Open Iberoamericano de Pentatlón Moderno, que se celebrou hoxe na categoría feminina en Amposta (Tarragona). Mañá terá lugar a proba masculina coa presenza dos galegos Cristóbal Rodríguez Fidalgo e Raúl Blanco.

 

Era unha dura proba para a nosa deportistas xa que se enfrontaba a deportistas da categoría sénior e júnior, mentres que ela continúa coma xuvenil de primeiro ano. Así, Aroa estivo a un gran nivel na natación onde foi a terceira mellor e sufriu na esgrima, onde só puido sumar seis vitorias e foi a vixésima. Pero despois foi remontando posicións, primeiro na hípica e posteriormente na combinada. Finalmente acabou na undécima posición e sendo a máis nova con diferenza de todas as que ían por diante.

 

Proclamouse gañadora da proba, a española Marta García-Miguel con 1.342 puntos. Aroa sumou un total de 1.227 puntos, moi preto da  décima, a italiana Martina Lontano (1.234). Este campionato contaba con deportistas de alto nivel, polo que foi unha importante proba para a nosa deportista que tivo que enfrontarse a pentatletas de máis idade e moita máis experiencia.

 

Quizáis che interese…

BO NADAL!

BO NADAL!

A Federación Galega de Tríatlon quere desexarvos unhas felices festas e  un próspero...