O próximo luns 3 de febreiro, ás 12:00, abriranse as inscricións para o Campionato do Mundo Multideporte 2025 que se celebrará do 21 ao 29 de xuño en Pontevedra.
A proba abarcará unha semana completa de actividade que se desenvolverá entre o centro da cidade e contorna do río Lerez durante a fin de semana e no medio da semana trasladase ao Complexo de Verducido onde se disputarán as probas de Dúatlon e Tríatlon Cros.
O Campionato comezará coa disputa da proba de Duatlón de Estrada a primeira fin de semana 21 e 22 de xuño e rematará co Triatlón de Longa Distancia e o l Aquabike o 29 de xuño . Durante unha semana a contorna do río Lérez e o Centro Galego de Tecnificación Deportiva acollerán miles de deportistas de todo o mundo.
No medio da semana a actividade trasladarase ao Complexo deportivo David Cal de Verducido, onde se disputarán os campionatos das modalidades Cros. O martes 24 de xuño celebrarase o Triatlón Cros e o xoves 26 será a quenda do Duatlón Cros. O venres 27 de xuño voltarase á cidade , contorna da Ponte dos Tirantes e CGTD , para a celebración do Campionato de Acuatlón.
Para o 2025 World Triathlon Multisport World Championship Pontevedra, os deportistas con nacionalidade española e licenza nacional FETRI poderán inscribirse nas competición de Grupos de Idade , nas modalidades de Duatlón Sprint, Duatlón Standard, Triatlón Cros, Duatlón Cros, Acuatlón ye Triatlón Larga Distancia e Aquabike Longa Distancia. Non haberá competición OPEN.
Máis información en https://pontevedra.triathlon.org/inscripciones/
Condicións de participación e inscricións na seguinte ligazón:FETRI-Federación Española de Triatlón
Foto FETRI