ARRANCA O CURSO 2019/2020 NO CENTRO GALEGO DE TECNIFICACIÓN DEPORTIVA

17 de Setembro de 2019

O Centro Galego de Tecnificación Deportiva de Pontevedra acolleu na mañá de hoxe , o acto oficial de presentación da sección de Tríatlon, con motivo do inicio do curso académico.

No acto estiveron presentes o secretario xeral para o deporte da Xunta de Galicia; Xosé Ramón Lete Lasa, o presidente da Fegatri; Gonzalo Triunfo, a secretaria xeral da Fegatri; Mónica Flores, o director deportivo da Fegatri; Carlos David Prieto, e o técnico da Fegatri; Jonathan Cancela.

Todos os triatletas becados no CGTD asistiron ao acto, entre os que destacaba a presenza do pentacampión mundial Javier Gómez Noya e do actual subcampión mundial de longa distancia Pablo Dapena.

Xosé Ramón Lete Lasa abogou polo bo momento que está vivindo actualmente o tríatlon en Galicia, así como pola total implicación do ente autonómico cara o deporte das tres disciplinas. Tamén animou aos deportistas máis novos a aproveitar a oportunidade que representa poder ter tan de preto a presenza dun referente mundial como é Javier Gómez Noya.

Gonzalo Triunfo, agradeceu a presenza dos asistentes e expresou a súa emoción polo bo ambiente e camadería que se respira no grupo de adestramento do CGTD e transmitiulle a todos e todas que a Fegatri estará a súa disposición sempre que así o precisen.

Carlos David Prieto, que se estrea este ano cómo Director Deportivo, transmitiu a súa total implicación nesta nova etapa que se lle presenta e louvou o fantástico traballo que veñen facendo dende fai anos tanto as diferentes escolas de tríatlon como os diferentes técnicos, froito deso podemos atopar triatletas galegos en moitos podios tanto de competicións nacionais como internacionais, comentou.

IMG 9056 1
Xa para rematar o acto o Secretario Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia foi agasallado por parte do Presidente da Fegatri cunha camisola da Selección Galega de Tríatlon.

Quizáis che interese…