Arzachena, Olsztyn e Pölten

antonio serrat en cerdeña

28 de Maio de 2021

Os triatletas galegos amósanos lugares que nunca coñeceríamos se non fóra por eles e elas. Hoxe falamos na web de Arzachena, Olsztyn e Pölten.

Antonio Serrat forma parte da expedición da TriArmada que esta fin de semana compite nunha nova proba da Copa do Mundo de Tríatlon. Esta vez é o turno de Arzachena, un municipio italiano da Isla de Cerdeña. Acompañado por Jonathan Cancela, adestrador do Centro de Tecnificación Deportiva de Pontevedra, o galego competirá cos millores triatletas do continente nunha proba que se disputa na distancia Sprint e cun claro favorito, o noruego Kristian Blummenfelt que buscará acadar a súa terceira victoria consecutiva despóis de Yokohama e Lisboa.

Ata a localidade polaca de Olsztyn desplazáronse os integrantes da selección española élite e junior para a disputa da Copa de Europa de Tríatlon. A selección española aterrizou en Polonia con 34 representantes entre os que se atopan varios galegos como Andrés Cendán e Sara Guerrero, na categoría élite e Esteban Basanta, Andrés Prieto e Natalia Castro na categoría junior.

E ata Pölten en Austria, desplazaronse os galegos Saleta Castro, Iván Raña e Pablo Dapena para intentar estar entre os millores na proba do Challenge ST. Pölten.

 

 

Quizáis che interese…