Como nunha burbulla
Así é a situación dos triatletas que participan mañá sábado na primeira proba das Series Mundiais de Tríatlon 2021 en Yokohama. Despóis da baixa de última hora de Gómez Noya, a participación española está conformada polo galego Antonio Serrat e Fernando Alarza na proba masculina e Miriam Casillas na feminina.
A proba de Yokohama servirá de test para as vindeiras probas da ITU nos diferentes países. Todos os participantes están nunha burbulla, aloxados nun hotel ata o día da competición, de onde non poden saír. So poden xuntarse nos adestramentos e todos están aislados o resto do día nas súas habitacións. Unha situación que non é a mellor para os días previos á competición pero que pon de manifesto que o país nipón está adoitando todas as medidas de seguridade para superar a COVID19.
Unha vez termine a proba do sábado, os participantes terán que abandoar o país o día seguinte de manera obligatoria, despóis de ter que realizar 5 test PCR.
Todos contra Vincent Luis
O Campión do Mundo de Tríatlon, o francés Vincent Luis volta a competición co obxetivo de volver a colgarse a medalla de oro neste ano olímpico. Todos os triatletas terán que traballar da reo para facer fronte ó triatleta francés. Mañá en Yokohoma tendrán a primeira oportunidade.
Este sábado, venres de madrugada en España, toca tríatlon co galego Antonio Serrat. Podes velo no canal de Triathlon Live.