ATOPADO O CORPO DO TRIATLETA DESAPARECIDO NO RÍO MIÑO.

5 de Setembro de 2019

COMUNICADO CONXUNTO

Federación Galega de Tríatlon e Péntatlon Moderno, Federaçao de Tríatlo de Portugal, Pedal’Arte, Câmara Municipal de Vila Nova de Cerveira e o Concello de Tomiño

Atópase o corpo do triatleta no Río Miño

O corpo do mozo triatleta que se atopaba desaparecido desde o domingo no río Miño foi atopado esta mañá, ás oit da mañá, flotando na auga na marxe portuguesa, fronte á piscina municipal.

No transcurso das operacións de vixilancia no chan, un membro da Corporación de Bombeiros Voluntarios de Vila Nova de Cerveira deu o sinal de avistamento do cadáver, e inmediatamente achegouse unha embarcación do NRP Río Minho para levar a cabo o rescate do corpo, que posteriormente foi trasladado ao Instituto de Medicina Forense de Viana do Castelo.

Dado que o fatal accidente aconteceu durante a celebración do XII Triatlón Amizade, con organización conxunta por parte da Federaçao de Tríatlo de Portugal, a Federación Galega de Tríatlon e Péntatlon Moderno, o Pedal’Arte, a Câmara Municipal de Vila Nova de Cerveira e o Concello de Tomiño manifestan publicamente o profundo pesar pola perda do deportista de 23 anos, enviando as máis sinceras condolencias a familiares e amigos.

Despois de catro días de intensa búsqueda, as dúas federacións, a asociación e ambos os dous concellos agradecen especialmente a todos os membros do dispositivo, que baixo a coordinación da Capitanía do Porto de Caminha e a Comandancia Naval Del Miño, realizaron un traballo incansable durante toda a operación.

Neste momento, pidese o respeto necesario para que familiares e amigos poidan realizar as cerimonias funerarias coa maior privacidade posible.

O Ministerio Público xa abriu unha investigación, polo que se espera saber canto antes os motivos que levaron a tan desafortunado acontecemento.

5 de setembro de 2019

Quizáis che interese…