BAIONA VIBROU CO CAMPIONATO GALEGO DE TRÍATLON SEN DRAFTING.

3 de Xuño de 2019

Catrocentos cincuenta triatletas chegados de toda a comunidade derónse onte cita na localidade de Baiona para disputar o Campionato Galego de Tríatlon Olímpico sen Drafting. Os deportistas tiñan que nadar mil cincocentos metros nun percorrido que unía a Praia da Barbeira coa Praia da Ribeira pasando a carón da Carabela Pinta. A transición estaba situada no Parque da Palma dónde os deportistas collían as súas bicicletas para completar 40 km en solitario na estrada que une Baiona con Oia. Xa para rematar os triatletas cubrían os 10 km de carreira a pé nun circuito de dúas voltas que pasaba arredor do Parador e co punto de xiro ubicado nas inmediacións da Ermida de Santa Marta.

O foco de atención da xornada estaba na presenza do pentacampión do mundo de distancia olímpica Javi Gómez Noya. O ferrolán acudía a Baiona como preparación para próximas citas do seu calendario internacional, e fóra da loita polo campionato galego da especialidade. Aínda que foi o gran dominador da carreira de principio a fin.

No que ao campionato galego se refire Iván Rubio foi o primeiro en saír da auga seguido de Marcos Vila e Diego Paz. No segmento ciclista Rodrigo López remontou ata os postos de cabeza que á postre non abandonaría ata a liña de meta facendose co titulo autonómico. Segundo foi Diego Paz que remontou moitas posicións no segmento a pé despois de ceder bastante tempo no segmento ciclista. Completou o podio Iván Rubio.

En Categoría feminina a victoria na proba foi para a triatleta internacional Anneke Jenkins. A neozelandesa non optaba ao campionato galego polo que o título de campiona galega, levouno a pontevedresa Nerea Castro. Despois de realizar un gran segmento ciclista que a destacaría das suas rivais e lle dou vantaxa suficiente para non ser alcanzada por Iría Campos que fixo un moi bo rexistro na carreira a pé. Terceira foi Andrea Iglesias.

Quizáis che interese…