BEATRIZ DUMET E FEDERICO SCARABINO, GAÑADORES DO II TRÍATLON POPULAR DE CAMBADOS

24 de Xuño de 2017

Beatriz Dumet (Tríatlon Arteixo) e Federico Scarabino (Tríatlon Arteixo) proclamáronse vencedores do II Tríatlon Popular de Cambados, que se celebrou hoxe coa participación de 200 deportistas.
 
Na proba feminina Beatriz Dumet dominou a proba dende o primeiro segmento e logrou a vitoria cun tempo de 1:10:42. A segunda posición decidiuse entre Balbina Tarrío e Sara Castillo , a favor da primeira nun apertado final.
 
Na categoría masculina, interesante e disputada proba, con vitoria para Federico Scarabino cun tempo de 58:44. A segunda posición foi para José Manuel Pardo Leis, tamén do Arteixo (59:11) e o terceiro lugar foi para Juan Francisco Fernández (Tríatlon Poio).

Quizáis che interese…