BOA ACTUACIÓN DE CRISTÓBAL RODRÍGUEZ NA COPA DO MUNDO DE ROMA, PESE A NON CLASIFICARSE PARA A FINAL

1 de Abril de 2016

Cristóbal Rodríguez Fidalgo logrou na Copa do Mundo de Péntatlon Moderno de Roma a súa mellor puntuación na combinada. A pesar diso, o galego non puido clasificarse para a final do torneo.

Os Xogos están a volta da esquina e todos os deportistas están apertando e moito para sumar puntos cara a Río. Desta forma, a pesar da magnífica actuación de Cristóbal, con 1.130 puntos, e de por vez primeira baixar de 12 minutos na combinada, o galego non puido lograr unha praza na gran final. Aínda así, sigue sendo o mellor español no ranking e aínda ten tres probas para lograr a clasificación. A próxima Copa do Mundo será en Hungría.

Quizáis che interese…