A localidade almeriense de Roquetas de Mar, acolleu durante os días 8 e 9 de xuño os Campionatos de España de Tríatlon Sprint e Ácuatlon.
Ata a Andalucía desprazaronse un bo número de deportistas galegos que representaron aos seus clubes nas diferentes competicións que se levaron a cabo ao longo da fin de semana.
O sábado era a quenda do Campionato de España de Tríatlon Sprint. Na proba elite feminina Sara Guerrero foi a mellor das nosas acadando a sétima posición final. En elite masculino o mellor dos galegos foi o santiagués Andrés Cendán que tamén era sétimo. Nas clasificacións sub-23 Andrés e Sara tamén repetiron a mesma posición sendo os dous terceiros.
Na clasificación por clubes a representación galega foi máxima. O Triatlón Arcade Inforhouse de Santiago e o Cidade de Lugo Fluvial vencian en categoría masculina e feminina respectivamente. No segundo chanzo do caixón os estaban os rapaces do Cidade de Lugo Fluvial. Terceiras foron as rapazas da A.D. Náutico de Narón.
O domingo dende primeira hora da mañá disputabase o Campionato de España de Ácuatlon. Nos elite masculina os mellores galegos foron, Andrés Cendan que foi noveno, Alberto Castiñeira décimo primeiro e Iago Lorenzo Soto décimo segundo.
O mellor resultado da fin de semana viña da man da naronesa Sara Guerrero que finalizaba en terceira posición na proba elite feminina, sumando uns valiosos puntos que á postre lle daría a victoria á Agrupacion Deportiva Náutico de Narón na clasificación por clubes. En categoría masculina o Cidade de Lugo Fluvial era pimeiro e O Triatlón Arcade Inforhouse de Santiago terceiros.