Boiro acollerá o Campionato de España de Dúatlon por Clubs en febreiro de 2016

20 de Novembro de 2015

O Campionato de España de Dúatlon por Clubs celebrarase os días 20 e 21 de febreiro de 2016 na localidade galega de Boiro. Hoxe  tivo lugar a presentación do evento, unha nova e singular competición, que se estreará en Galicia.

Ao acto asistiron o secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, o alcalde de Boiro Juan José Dieste Ortigueira, o presidente da Federación Galega de Tríatlon, Óscar José Surís, o responsable de Competicións da Federación Española de Tríatlon e  Miguel Fernández (representante da organización do evento).

Óscar José Surís  comentou que a cita será “boa para o deporte e para Galicia” e valorou unha competición que tamén dará continuidade aos proxectos deportivos da zona, convertendo a Galicia no epicentro do deporte. Cabe lembrar que en 2016, Pontevedra tamén se albergará tres apaixonantes eventos: a Copa de España de Tríatlon, a Copa da Raíña de Tríatlon e o Campionato de España de Tríatlon por relevos.

O secretario Xeral para ou Deporte resaltou a importancia que ten para Galicia a celebración deste tipo de competicións e o gran nivel deportivo que teñen, contando na actualidade con algúns dos mellores triatletas. Lete tamén destacou o apoio ofrecido ao tríatlon por parte da Xunta e a través do CGTD.

Á súa vez, Dieste Ortigueira, afirmaba que o Campionato se converterá nunha cita histórica. O alcalde da localidade indicou que todas as partes están “colaborando co deporte e sobre todo cos mozos”, cuns obxectivos moi definidos que xerarán retornos importantes para Boiro, tanto a nivel económico, turístico, deportivo e promocional.

Por último,  o director de competicións da FETRI fixo especial fincapé en que o municipio será o encargado de recibir a primeira edición deste campionato.

Quizáis che interese…

Oleiros é Tríatlon

Oleiros é Tríatlon

[Actualizado 13:00 01 de Junio de 2021] Xa temos os gañadores e as clasificacións do Tríatlon de...