BRAIS CANOSA E MELINA ALONSO, GAÑADORES DO DÚATLON CIDADE DE LUGO

11 de Febreiro de 2018

Brais Canosa (Arcade Inforhouse) e Melina Alonso (Tríatlon Ferrol) proclamáronse hoxe vencedores do XXVIII Dúatlon Cidade de Lugo, que é ademais a primeira proba do Circuíto Galego de Dúatlon de Estrada 2018. O Dúatlon Cidade de Lugo recibe o nome de “Memorial Alejandro López” en homenaxe ao ex directivo da Federación Galega de Tríatlon.

A proba masculina foi moi apertada con varios duatletas loitando polas primeiras posicións. Brais Canosa (Arcade Inforhouse) foi o máis rápido no primeiro segmento, pero o certo foi que eran distancia curtas e todo tivo que decidirse no último sector de carreira a pe. Brais Canosa logrou o triunfo cun tempo final de 59:36, mentres que Brais Misa (Atletismo Porriño) logrou a segunda posición (59:57), despois de ser o máis rápido nestes 2,5 quilómetros de carreira a pe finais. O terceiro posto no caixón foi para Iván Puentes (Tríatlon Ferrol) cun tempo de 1:00:13.

Na categoría feminina repetiu triunfo a vencedora da edición de 2017, Melina Alonso (Tríatlon Ferrol), que foi moi superior ás súas rivais, logrando o mellor tempo nos tres segmentos. Así chegou a meta na primeira posición cun tempo de 01:10:01. O segundo posto foi para Marina González (Tri-Penta Terras de Lugo) cunha actuación moi regular (01:12:01) e terceira foi María Jesús Coya (Cidade de Lugo Fluvial), tamén tremendamente regular (01:12:57).

Os vencedores doutras categorías foron:

  • Cadete: Esteban Basanta (Cidade de Lugo Fluvial) e Myrian López (Cidade de Lugo Fluvial)
  • Júnior: Iván Puentes (Tríatlon Ferrol)
  • Sub 23: Miguel Pimentel (Ourense Atletismo) e Ana María Santiso (Náutico de Narón)
  • Veterán 1: Miguel Daporta (Olímpico de Vedra) e María Jesús Coya (Cidade de Lugo Fluvial).
  • Veterán 2: José Manuel Álvarez (Tríatlon Muralla de Lugo) e Belén Lemat (Cidade de Lugpo Fluvial)
  • Clubs: Cidade de Lugo (masculino) e Náutico de Narón (feminino)

A proba celebrouse sobre a distancia sprint (5 quilómetros a pe, 20 quilómetros en bicicleta e 2,5 de carreira a pe) e tivo como punto de saída, transición e chegada o Pazo de Congresos.

O Circuíto Galego de Dúatlon de Estrada 2018 conta con 4 probas (Cidade de Lugo, Cidade de Santiago, Concello de Riveira e Cidade de Vigo), que son clasificatorias para o Campionato Galego, que se celebrará en Narón o 14 de abril. Clasificaranse en cada unha delas 22 deportistas segundo as condicións aprobadas no Regulamento de Competicións FEGATRI 2018.

TODAS_LAS _CLASIFICACIONES

 

 

 

Quizáis che interese…