Elsa Pena e Esteban Basanta, ambos deportistas do Triatlón Cidade de Lugo Fluvial, veñen de rematar primeira competición internacional, no contexto Covid 19, onde participaron convocados coa Selección Española de Tríatlon.
Os galegos firmaron unha excelente actuación, Elsa Pena acadou o bronce e o seu compañeiro de club (Triatlón Cidade de Lugo Fluvial) , Esteban Basanta conseguíu un meritorio 5º posto que lle dará puntos para o ranking internacional, sendo o 2º español e demostrando a súa calidade e que a pesar do cofinamento e a situación actual seguen traballando cada día para estar no máis alto do noso deporte.
A Copa de Europa Junior de Tríatlon disputouse o domingo, 16 de agosto en Riga (Letonia) e supuxo a volta á competición internacional para a Selección Española de Tríatlon. A proba desenvolveuse cuns férreos protocolos de seguridade para facer fronte á prevención do COVID19 que tivo os últimos meses apartados da competición aos deportistas de todo o mundo.
A competición disputouse na distancia supersprint onde os/as deportistas tiveron que realizar unha natación de 375m, 13’1km de percorrido ciclista rematando con 3’33km de carreira a pé.
A primeira carreira en disputarse foi a feminina, onde a deportista becada no Centro Galego de Tecnificación (CGTD de Pontevedra), Elsa Pena se mantivo sempre nos primeiros postos de cabeza ao igual que as súas compañeiras de selección conseguindo a mellor posición do grupo español que chegou tamén a continuación e pese a un problema coas súas zapatillas na carreira a pé onde tivo que cubrir parte da carreira a pé descalza. Tras ela chegaban as súas compañeiras Iratxe Arenal e Natalia Hidalgo en 5ª e 6ª posición.
Na carreira masculina, igualmente o grupo español mantivose na cabeza de carreira na saída da natación producíndose unha escapada de catro deportistas no ciclismo onde estaba o español Igor Bellido que rematou no segundo chanzo do podio e onde Esteban Basanta se quedou no grupo perseguidor e rematou a carreira a pé acadando a 5ª posición e segundo español seguido do seu compañeiro Joan Reixach de selección.