En relación ao Seguro Deportivo 6-16 segue activo pero no día de hoxe, 15 de outubro, remata a póliza coa compañía MGC e comeza unha nova aseguradora AIG.
Xúntase o novo protocolo e unha infografía resumo onde se inclúe o novo número de teléfono de asistencia (917372818) e a nova plataforma, entre outras consideracións.
Esta información tamén se actualizará na parte traseira dos carnés de Xogade.
Debemos aclarar que:
- Os expedientes abertos a día de hoxe e as lesións que se produzan ao longo do día de hoxe (xoves, 15 de outubro de 2020) deberán continuar a súa atención e/ou dar parte na compañía actual, MGC.
- As lesións que se produzan no día 16 e a partir dese día 16 de outubro de 2020 xa deberán aplicar o novo protocolo que achegamos coa compañía AIG.
Ao longo do día de hoxe actualizarase a páxina de Xogade e a aplicación con toda a información.
PROTOCOLO SEGURO DEPORTIVO MENORES 0-16 DENDE O_16 DE OUTUBRO