Serrat entre os mellores

serrat triatlon

13 de Outubro de 2020

O atleta galego Antonio Serrat acodou a cuarta posición na Copa do Mundo celebrada en Arzachena (Italia), loitando ata o final con Vincent Luis (oro), Blummenfelt (prata) e Alistair Brownlee (Bronce)

serrat triatlon

Ademáis de Antonio Serrat, a paratriatleta Susana Rodríguez gañou o ouro na súa categoría na Copa do Mundo de Paratriatlón que se celebrou en Alhandra (Portugal).

Copa do Mundo de Paratriatlón Alhandra (PTVI)

susana triatlon

No Campionato Mediterráneo de Triatlón celebrado en Alhandra (Portugal) a triatleta do Náutico de Narón Sara Guerrero, acadou a cuarta posición na carreira e a medalla de bronce no Campionato Mediterráneo por detrás das portuguesas Melanie Santos e Gabriela Ribeiro. En homes, o triatleta galego de Fluvial de Lugo Andrés Cendán quedou na posición 56.

sara guerrero triatlon

Na proba de relevos por equipos o Triatlón Cidade de Lugo Fluvial acodou unha meritoria novena posición entre os millores equipos Elite de Europa , conseguindo o equipo Junior a cuarta posición.

Resultados Campionato de Europa de Relevos Mixtos por Clubs 

 

Quizáis che interese…