CAMILA ALONSO, CARMEN GÓMEZ E INÉS SANTIAGO, NA COPA DE EUROPA DE TRÍATLON DE WUUSTWEZEL

10 de Agosto de 2017

As nosas deportistas Camila Alonso, Carmen Gómez e Inés Santiago (Tríatlon Ferrol) disputarán esta fin de semana a Copa de Europa de Tríatlon de Wuustwezel (Bélxica).

As galegas viaxaron en dirección a Bélxica directamente dende Velence (Hungría), onde disputaron a fin de semana pasada o Campionato de Europa sub 23, con moi bos resultados (Camila foi décima, Inés ocupou a undécima posición e Carmen foi a 17ª). Durante todos estes días estiveron adestrando en Bélxica e preparándose para esta Copa de Europa, que tamén se celebrará sobre a distancia sprint.

Camila segue recuperándose da lesión no ombreiro, mentres que Carmen tamén arrastra molestias físicas nunha perna dende hai máis de dous meses, que non lle permite adestrar a carreira a pe. Pese a todas, as tres enfrontan a proba coa máxima ilusión para seguir mellorando nas súas experiencias internacionais.

A Copa de Europa de Tríatlon de Wuustwezel disputarase o domingo 13 de agosto (12:30 horas) na distancia sprint (750 metros de natación, 20 quilómetros de bicicleta e 5 de carreira a pe).

 

Quizáis che interese…