GUSTAVO RODRÍGUEZ ENFRONTA O RETO PRINCIPAL DA SÚA TEMPADA: O EMBRUNMAN

11 de Agosto de 2017

O galego Gustavo Rodríguez (Tri-Penta Terras de Lugo) disputará o martes 15 de agosto a mítica proba do Embrunman. Será, coma o propio deportista indica, “o principal obxectivo da tempada”.

O tudense leva mes e medio adestrando en alto para preparar da mellor maneira posible esta proba, que se disputa nos Alpes, na localidade de Embrun. “Chego nun bo momento, despois de mes e medio adestrando en alto, tentando facer as cousas o mellor que sei. Este vai ser o terceiro ano consecutivo que a disputo e espero, senón mellorar, polo menos igualar o resultado do pasado ano, que fun podio. Gañar sería un soño feito realidade”. Gustavo é consciente de que “nunha proba tan dura, calquera pequeno percance, que nunha carreira normal sería subsanable, aquí poder ser moi grande, polo efecto bola de neve”.

Este Ironmán é especialmente esixente polo segmento de bicicleta. Despois de facer 3.800 metros nadando nun fermoso lago, os deportistas terán por diante 190 de bicicleta moi duros polos Alpes e con subida á cima do Izoard e despois, para rematar, unha maratón de 42 quilómetros. Esta será a terceira vez na que Gustavo Rodríguez participa nesta proba, considerada a máis dura de todo o calendario dos Ironmán, e o pasado ano acadou a medalla de bronce.

 

 

 

Quizáis che interese…