CAMILA ALONSO GAÑA O CAMPIONATO IBEROAMERICANO DE TRÍATLON SPRINT

14 de Febreiro de 2016

Magnífico resultado o de Camila Alonso na Habana hoxe, onde acadou o título de campioa Iberoamericana de Tríatlon distancia sprint.

A galega foi de menos a máis. Comezou de forma discreta na natación, para meterse entre as mellores na bicicleta e decidir o triunfo na carreira a pe. Camila disputou o sprint coa canadiense Alexandra Coates e foi máis rápida para así lograr a primeira e importantísima vitoria do ano (01:01:40). Este título aportará puntos para o ranking mundial. O bronce foi para a estadounidense Spivey Taylor cun tempo de 01:01:49.

Resultados

 

Quizáis che interese…

Montreal

Montreal

Montreal acolle unha nova cita das Series Mundiais e o Campionato do Mundo Junior de Tríatlon....