GUSTAVO RODRÍGUEZ, CAMPIÓN IBEROAMERICANO DE TRÍATLON DE MEDIA DISTANCIA

14 de Febreiro de 2016

O galego Gustavo Rodríguez logrou a medalla de ouro no Campionato Iberoamericano de Tríatlon de Media Distancia que se disputou esta fin de semana na Habana (Cuba). Primeiro triunfo do ano para o noso deportista.

Gustavo estivo situado entre os mellores dende o primeiro segmento.  O tudense saíu da auga na terceira posición, despois de facer os 1.900 metros da natación. Na bicicleta (90 quilómetros), Gustavo Rodríguez fixo un gran traballo e logrou o mellor tempo e así acadou a primeira posición da proba. E as cousas non cambiaron na carreira a pe (21 quilómetros), onde novamente Gustavo foi o máis rápido. Así logrou o triunfo cun tempo final de 04:05:05, mentres que segundo foi o italiano Alberto Casadei a case sete minutos (04:12:42) e bronce foi Petr Vabrousek (04:34:47).

Resultados

Quizáis che interese…

Montreal

Montreal

Montreal acolle unha nova cita das Series Mundiais e o Campionato do Mundo Junior de Tríatlon....