O pasado sábado, 25 de marzo, celebrouse en Soria o Campionato de España de Dúatlon.
Na proba élite masculina o santiagués, Andrés Cendán, realizou unha gran actuación chegando 7º á meta cun tempo de 57:19. Xusto por detrás chegaba o seu compañeiro do Cidade de Lugo Fluvial, Alberto Romero, cun tempo de 57:20. Iván Puentes, do Tríatlon Ferrol, quedábase moi preto do top10 rematando 11º cun tempo de 57:24.
A clasificación dos duatletas galegos completouna Jorge González (37) do Tríatlon Inforhouse Santiago; Alexandre Álvarez (42) do Cidade de Lugo Fluvial; Hugo Prida (62) do Tríatlon Ferrol; Thomas Afonso (75) do Tríatlon Inforhouse Santiago; Celestino Fernández (78) do Cidade de Lugo Fluvial; Juan Pablo Díaz (84) do Tríatlon Inforhouse Santiago; Pablo Freire (85) da A.D. Náutico de Narón e Alberto Dopazo (86) do Club Tríatlon Compostela.
O vencedor da proba foi Iván Gil do Diablillos de Rivas cun tempo de 56:48, seguido dos duatletas do Cidade de Lugo Fluvial, Nacho Gálvez (56:52) e Antonio Benito (56:59)
Doutra banda, na competición élite feminina, Andrea Iglesias do Cidade de Lugo logrou a 20ª posición cun tempo de 1:10:57. Eva Piñel, da A.D. Náutico de Narón, rematou no posto 28º (1:13:13) e Gemma Domenech, do Cidade de Lugo Fluvial, foi 59ª. Adriana Pensado e Alba Muñíz, ambas do Tríatlon Inforhouse Santiago, non puideron rematar a competición.
A gañadora da proba foi María Varo do Tri Infinity Móstoles, parando o crono en 1:06:30. Segunda posición para Marta Borbón do Stadium Casablanca Mapei (1:07:03) e terceira posición para Sonia Bejarano do Cidade de Lugo Fluvial (1:07:06).
Os títulos por clubes foron para o Cidade de Lugo Fluvial na categoría élite masculina e o Diablillos de Rivas na categoría élite femenina.
Nas probas Estándar e Sprint dos Grupos de Idade a participación galega tamén foi numerosa, destacando os podios de:
GGEE 16-19 – Distancia Sprint:
2- Andrea Iglesias (Club Olímpico de Vedra) 1:30:14
GGEE 20-24 – Distancia Sprint:
2- Patricie Viadel (Club Olímpico de Vedra) 1:13:09
2- Pedro Liste (Club Tríatlon Compostela) 57:21
GGEE 40-44 – Distancia Sprint
1- Nicolás Domínguez (A.D. Náutico de Narón) 58:19
GGEE 45-49 – Distancia Sprint
1- Miguel Daporta (Club Olímpico De Vedra) 1:01:11
GGEE 50-54 – Distancia Sprint:
2- Luis Alberto Paredes (Club Tríatlon Poio) 1:02:36
3- Julia Vaquero (Tríatlon Inforhouse Santiago) 1:14:26
GGEE 60-64 – Distancia Sprint
3- Manuel González (Club Tríatlon Poio) 1:08:42
GGEE 65-69 – Distancia Sprint
2- Jose Manuel Rodríguez (Club Atletismo Porriño) 1:27:16
GGEE 40-44 – Distancia Estándar
2- Susana Nieto (Club Tríatlon Compostela) 3:02:04
GGEE 60-64 – Distancia Estándar
1- Manuel González (Club Tríatlon Poio) 2:21:56
Imaxes da proba: FETRI / JCDfotografia