16 triatletas galegos participaron na Copa de Europa de Quarteira

29 de Marzo de 2023

  • A competición celebrouse o pasado 25 e 26 de marzo cunha proba de distancia olímpica e unha sprint para a categoría júnior
  • 16 triatletas galegos, repartidos entre a categoría Élite e Júnior, desprazáronse ata a cidade portuguesa e competiron co mono da FEGATRI.

 

O pasado 25 e 26 de marzo celebrouse a Copa de Europa de Quarteira (Portugal), na que participaron un total de 16 triatletas galegos repartidos entre a categoría Élite e Júnior.

O sábado, 25 de marzo, foi a quenda da proba Élite. Natalia Castro e Elsa Pena tomaron a saída na categoría feminina, mentres que Esteban Basanta e Andrés Prieto, o fixeron na categoría masculina. Por diante esperáballes un tríatlon de distancia olímpica, con saída na praia de Quarteira, un circuíto ciclista esixente con partes técnicas e un percorrido de carreira a pé polo paseo marítimo.

Natalia Castro, tras unha excelente carreira a pé, rematou no posto 21º. Elsa Pena non puido rematar a carreira debido a un forte malestar físico.
A gañadora da proba foi a francesa Cassandre Beugrand, seguida de Audrey Merle (FRA) y Jeanne Lehair (LUX).

Na categoría masculina, Esteban Basanta, tras unha gran natación, colocouse no grupo dianteiro no sector ciclista e rematou a proba no posto 37º. Andrés Prieto, pola súa banda, tívose que retirar debido a unha picada na roda que non lle permitu continuar.
O vencedor foi Vetle Bergsvik Thorn (NOR) , seguido de Fabian Meeusen (SUI) e Joao Pereira (POR).

Ao día seguinte foi a quenda dos triatletas júniors que tiveron que completar un tríatlon de distancia sprint.
Na categoría masculina, Lucas García logrou o 12º posto tras realizar un excelente parcial de carreira a pé. Damián Suárez rematou no posto 27º e Lucas Riola no 55º.
O vencedor da proba foi Thomas Hansmaennel (FRA), seguido de Nils Serre (FRA) e Joao Nuno Batista (POR).

Na categoría feminina, a participación galega foi extensa, destacando o Top 20 de Marta Novo (15) e Lucía Piñón (19). Gran actuación tamén de Ainoa Gontán (22), Uxía Campos (27), Irea Alen (30), Candela Sánchez (35), Gabriela Quintás (40), Inés Gomes (41) e Inés Serantes (45).
A gañadora foi Margareta Vrablova (SVK), segunda Léa Houart (FRA) e terceira Manon Laporte (FRA).

Parabén a todos/as!

Clasificacións Élite

Clasificacións Júnior

 

Quizáis che interese…