A Federación Galega de Tríatlon e Péntatlon Moderno a través do seu Comité Galego de Xuíces e Oficiais e dentro das actividades formativas previstas para 2027, celebrará o próximo mes de xaneiro un curso de Oficial Nivel 1 de Tríatlon en colaboración coa Federación Española de Tríatlon, acolléndose á normativa de formación establecida polo Comité Nacional de Oficiales da FETRI.
Apertura de inscricións do 24 de novembro ao 28 de decembro e o curso contará con 20 prazas.
Máis información e inscricións:




DURACIÓN: 13 h. (9 online e 4 presenciais)
REQUISITOS:
- Ter 16 anos cumpridos no momento do inicio do curso e estar en posesión de Título de ESO ou equivalente/superior.
OBXECTIVOS :
• Coñecemento do Tríatlon e das súas modalidades
• Aportar oficiais a este deporte
• Coñecer o funcionamento do regulamento e as sancións e saber como actuar
• Coñecer o traballo a desenvolver nos diferentes segmentos
DESENVOLVEMENTO DO CURSO
- Unha parte común impartida pola FETRI en aula virtual en tres sesións de 3h cada una.
- Sábado 9 de xaneiro
- Domingo 10 de xaneiro
- Sábado 16 de xaneiro
- Posibilidade de elixir un dos seguintes horarios que será o das tres xornadas, de 8:30 a11:30 ou a 15:30 a 16:30
- Unha parte específica presencial en Galicia (Santiago/Ferrol/Lugo a determinar segundo inscrición)- 4h.
- Previsión- 23 xaneiro (Santiago de Compostela)
- 3 prácticas a desenvolver en competición Galega- 18 h.
CUSTE: 50 € a aboar coa inscrición na plataforma FETRI.
- Formación aula virtual (9 horas) e presencial (4 horas)
- Certificado de ter completado a fase teórica (caso de superala)
- Obsequio – Camiseta FETRI
Unha vez superada a fase teórica, a FEGATRI, a través do Comité de Oficiales, coordinará o proxecto formativo na fase de prácticas e a adscrición do oficial á Federación para incorporarse á arbitraxe, informándo á persoa aspirante de todos os custes federativos, entrega de uniformidade, e organización do colectivo na súa proxección autonómica.
MÁIS INFORMACIÓN E INSCRICIÓN
Apertura de inscricións a partir do 24 de novembro
OUTRAS CONSULTAS e INFORMACIÓN:
Para calquera outra consulta podes dirixirte á Federación Galega de Tríatlon e Péntatlon Moderno
fegatri@hotmail.com Tlf. 982 251345



