A Federación Galega de Tríatlon, a través do área de Muller e Tríatlon ven de crear o II Campus de Adestramento Muller e Triatlón que se celebrará os próximos 25 e 26 de novembro en Pontevedra, como promoción do deporte feminino.
Este campus vai dirixido para triatletas maiores de 18 anos e busca facilitar unha experiencia de convivenza entre mulleres do noso deporte, a través da práctica e adestramentos de tríatlon e actividades de ocio, sempre guiadas por persoal técnico con experiencia.
Están programadas varias charlas sobre a práctica deportiva en triatlon dirixidas a mulleres deportistas.
Traballaremos as 3 disciplinas, faremos transicións, aspectos de forza, mantemento de material e moitas cousas máis. O precio inclúe aloxamento, pensión completa e acceso a instalacións.
Podes opter máís información na seguinte ligazón:
Triptico II CAMPUS MUJER Y TRIATLÓN
II Campus Muller e triatlon da FEGATRI