Cancelación do XX Tríatlon Cidade de Pontevedra – Cpto Galego de Triatlón Absoluto e paratríatlon 2020
Xuntamos o comunicado elaborado polo Concello de Pontevedra e a FEGATRI en relación á cancelación do Campionato Galego de Tríatlon que se ía celebrar en Pontevedra o próximo 26 de setembro e que debido á evolución da situación sanitaria fai imposible garantir a seguridade de deportistas e demáis implicados no seu desenvolvemento nestes momentos.
Fegatri e Concello, logo de valorar as distintas posibilidades, e a vista da evolución da pandemia e as restricións específicas para a comarca de Pontevedra, acordan que este non é o mellor momento para celebrar o campionato galego de tríatlon na cidade e agradecense mutuamente toda a implicación, colaboración e traballo desenvolto.
A recente experiencia do Campionato de España de Triatlón, e en especial, o protocolo deseñado e aplicado na sua organización, determinan uns mínimos na loxística necesaria para garantir, fundamentalmente, a seguridade dos participantes e os niveles de calidade e seguridade que o fan inviable polas características propias das ubicacións e percorridos que tan popular convertiu a Pontevedra como Cidade do Triatlón: calor do público, carácter eminentemente urbano dos circuitos, colaboración máxima institución local-institucións federativas.
Os responsables de ambas entidades mantiveron unha xuntanza na que estudaron a situación, concluíndo que Pontevedra non pode garantir a celebración da proba coas condicións necesarias pese á enorme colaboración e irmandade existente entre a Federación Galega e esta cidade tan identificada co deporte do tríatlon.
Ámbalas institucións consideran que mentres perdure a crise sanitaria ocasionada pola Covid19, o obxectivo principal, e o deber xeral é o de máxima cautela e protección da saúde da cidadanía, e en particular no mundo do deporte, a protección dos intereses dos e das deportistas galegos.
Porén, consideran que a situación actual non reune as condicións necesarias para conxugar os valores de Pontevedra co tríatlon, coa seguridade e a protección da Saúde de todas as persoas implicadas no deporte: seareiros, deportistas, xuíces, directivos, voluntarios, etc.
Tanto a Fegatri como o Concello confirman a súa decidida aposta porque Pontevedra e o tríatlon continúen unidas para futuras accións e sigan a contribuír na saúde, a educación e a cultura da actividade física e o deporte da sociedade pontevedresa.