O tríatlon regresa esta fin de semana a súa casa
Hoxe 18 de Agosto tivemos o acto de presentación do Campionato de España de Tríatlon Sprint, celebrado no Concello de Pontevedra, coa asistencia do representante da Federación Galega Enrique Hernández, o director de competicións da Federación Española de Tríatlon Jorge García.
Ao acto de presentación acudiron o Alcalde de Pontevedra Miguel Fernández Lores e o concelleiro de deportes Tino Fernández, destacando o esforzo que Concello de Pontevedra e as federacións de tríatlon puxeron durante estes días para que se puidese celebrar este evento na Cidade do Lérez e sinalando que “Pontevedra lle debe este esforzo” a unha disciplina “tan enraizada”.
Á rolda de prensa acudiron Saleta Castro e Antonio Serrat como representantes dos atletas, poñendo de manifesto que o Campionato de España terá moitísimo nivel nas probas elite masculina e feminina cos mellores atletas a nivel nacional, así como a nivel cadete, paratriatlón e en grupos de idade.
O representante da Federación Española de Tríatlon, Jorge García destacou que a proba será un tríatlon a porta pechada, un tríatlon sen público, para así cumprir con todos os protocolos en materia sanitaria, aconsellados para este tipo de eventos en España.
Tamén confirmou a presenza de Marisol Casado, membro do COI e Presidenta da Unión Internacional de Triatlón.
Reducirase a participación a un número moderado de triatletas, cunha zona acoutada para os participantes e as persoas acreditadas para o evento.
As probas desenvolverasen nun circuíto pechado entre A Ponte dos Tirantes e Monte Porreiro, sen público e con valado perimetral, con menos representantes e repartidos en dúas xornadas.
Retransimisión de probas élite vía Streaming.
Foto de Pontevedra Viva
Programa do Campionato de España de Triatlón Sprint
O sábado pola mañá será a quenda dos cadetes con diferentes saídas. Ao termo da proba, será a quenda para o paratriatlón. Pola tarde, serán as probas para os grupos de idade. Deixando para o domingo á primeira hora da mañá, as diferentes saídas da categoría elite feminina e masculina.
Finalizando cunha entrega de trofeos atípica, cumprindo o protocolo de seguridade marcado pola Federación Española de Tríatlon e as forzas de seguridade do Concello de Pontevedra.
Información COVID-19
Na web da Federación Galega pódese consultar o protocolo de actuación frente ó Covid-19 e na web da Federación Española de Triatlón está dispoñible toda a información relevante par os plans preventivos de competicións.