Comezou a festa do tríatlon en Madrid coa disputa da proba das Series Nacionais Aquaman de Tríatlon Youth e Xúnior e magníficos resultados para as deportistas galegas. Na proba feminina youth logrou a vitoria Carmen Gómez, mentres que na xúnior a vencedora foi Laura Gómez.
Nas Series Nacionais Aquaman de Tríatlon Youth (último ano cadete e primeiro xúnior) as distancias son de 300 metros de natación, 7,7 de bicicleta e 2 de carreira a pe. O triunfo na proba feminina foi para Carmen Gómez (Tríatlon Ferrol), que está a realizar unha tempada espectacular. A semana pasada proclamouse subcampioa de España de Acuatlón, por detrás de Cecilia Santamaría e hoxe logrou o primeiro posto. Nesta proba foi de menos a máis, xa que realizou unha natación bastante modesta, pero remontou na bicicleta e foi a mellor na carreira a pe, sendo a única deportistas que baixou dos sete minutos neste segmento. Así, foi a primeira clasificada cun tempo de 30:03, mentres que na segunda posición chegou Cecilia Santamaría (30:13) e a cuarta clasificada foi a galega Inés Santiago (30:31.
Na proba masculina, non houbo medallas para os galegos, aínda que estivo moi cerca. A proba estivo moi apertada ata os últimos metros e as medallas se decidiron por segundos. O gañador da proba foi Roberto Sánchez Mantecón (Tragaleguas.org), cun tempo de 26:16, mentres que segundo foi Alberto González (Aquaslava), a só dous segundos, e terceiro o seu compañeiro de club, Ignacio González (no mesmo tempo). Cuarto clasificado foi o galego Andrés Cendán (Dexter Tríatlon Compostela) cun tempo de 26:24.
Na proba xúnior, con distancias de 750-23-5, tamén houbo triunfo galego na categoría feminina. Laura Gómez (Tríatlon Ferrol) foi a mellor dende a natación, pero onde abriu unha distancia xa insuperable para a segunda, a tamén galega Diana Cotón (Arcade Inforhouse). Así, o ouro foi para Laura Gómez cun tempo de 1:19:41 e segunda, Diana Cotón a más de cinco minutos (1:25:21). Na proba masculina, o gañador foi Antonio Benito (Tríatlon Albacete) e segundo Ignacio González (Aquaslava).
Elite feminina. Hoxe tamén se celebrou a proba das Series Mundiais feminina coa participación da galega Melina Alonso que non puido rematar a proba. As sensacións da ferrolá foron moi malas dende o primeiro momento e retirouse na bicicleta.