O DOMINGO 2 DE XUÑO CELEBRARASE O CAMPIONATO GALEGO DE TRÍATLON EN RIVEIRA

30 de Maio de 2013

O domingo 2 de xuño terá lugar en Riveira o I Tríatlon Concello de Riveira-Campionato Galego de Tríatlon Curta Distancia 2013, coa participación de 250 deportistas en todas as probas programadas.

O Campionato Galego dispútase sobre a distancia olímpica (1.500 metros de natación, 40 quilómetros de bicicleta e 10 quilómetros de carreira a pe), e a saída, boxes e meta están situadas na praia de Coroso. Antes da celebración do Campionato Galego (10:00 horas), terá lugar unha proba popular que contará con 57 participantes e distancias máis curtas (300 metros de natación, 10 quilómetros de bicicleta e 2.500 metros de carreira a pe). A proba feminina, con 20 participantes, comezará ás 11:00 horas e a gran favorita para lograr o triunfo é Saleta Castro (Wild Wolf Cidade de Lugo). Tentarán poñerlle as cousas complicadas María Martínez (Atletismo Porriño), Blanca Lavadeira e Lorena García (Mar de Vigo) ou Alba Cuba (Wild Wold Cidade de Lugo).

Na categoría masculina, con 165 participantes, a proba preséntase moi aberta, sen un claro favorito. Hai ausencias importantes (en Madrid se disputa a proba das Series Mundiais) que deixan o campionato aberto: Miki Acosta (Wild Wolf Cidade de Lugo), Cristóbal Dios (Arcade Inforhouse) o José Manuel Pardo Leis (Muralla de Lugo) parte non grupo de favoritas.

Quizáis che interese…