CARMEN GÓMEZ E PABLO DAPENA, GAÑADORES DO TRÍATLON CIDADE DE PONTEVEDRA

23 de Xuño de 2018

Carmen Gómez (Tríatlon Ferrol) e Pablo Dapena (Cidade de Lugo Fluvial) proclamáronse hoxe gañadores do XVIII Tríatlon Cidade de Pontevedra. Foi unha tarde chea de competicións na cidade do Lérez, xa que ademais da proba do circuíto (clasificatoria para o Galego), celebrouse o Campionato Galego de Paratríatlon, un tríatlon popular supersprint e un Nada e Corre non competitivo. En total case 400 participantes.

 Na categoría feminina, Carmen Gómez foi a máis regular, realizando unha proba case perfecta, estando moi segura en todos os segmentos.  Saíu da auga xunto a Henar, pero na bicicleta xa logrou escaparse en solitario e fixo o resto da proba soa. Desta forma, a deportista do Tríatlon Ferrol logrou o triunfo un tempo de 1:08:18, mentres que segunda foi Ana María Santiso (Náutico de Narón) con 1:10:30. O terceiro posto do podio foi para a cadete Henar Diana Cons (Motobike), que foi a máis rápida na auga (01:11:54).

Na proba masculina, outro triunfo local, con Pablo Dapena (Cidade de Lugo Fluvial) como gran protagonista. Tamén realizou unha proba moi regular, controlando dende a cabeza da proba para evitar ningunha escapada. O seu tempo foi de 57:01, mentres que segundo foi o seu compañeiro de equipo Andrés Cendán, que foi claramente de menos a máis para rematar segundo (57:53). O terceiro lugar foi para Luismi Velásquez (Tri-Penta Terras de Lugo), que comezou moi ben (foi o máis rápido na natación e dos mellores na bici), pero se afundiu na carreira a pe (58:52).

Os gañadores do resto das categorías foron:

  • Cadete: Henar Diana Cons Gestido (Motobike Pontevedra) e Víctor Bouzón (Olímpico de Vedra)
  • Júnior: María Lois Abal (Arcade Inforhouse) e Iván Puentes (Tríatlon Ferrol)
  • Sub 23: Carmen Gómez (Tríatlon Ferrol) e Andrés Cendán (Cidade de Lugo Fluvial)
  • Veteran@ 1: Aída García (Tríatlon Rías Baixas) e Iván Rubio (Tríatlon Arteixo)
  • Veteran@ 2: Purificación López (Club Hércules Termalia) e Andrés López (Tríatlon Vilagarcía)
  • Veteran@s 3: Manuel Cruces (Club Deportivo Pinarium)
  • Clubs: Náutico de Narón (feminino) e Cidade de Lugo Fluvial (masculino)

Galego de Paratríatlon. Ademais, celebrouse o Cidade de Pontevedra de Paratríatlon, que ademais era o Campionato Galego de Paratríatlon. Pouco a pouco comeza a ter máis participación e por vez primeira celebrouse en catro categorías. Os gañadores foron:

  • PTSVI: Susana Rodríguez Gacio (Mar de Vigo)
  • PTS2: Santos Caballero (Tríatlon Almendralejo)
  • PTS4: Aarón Ortiz (Tríatlon Mercantil Pontevedra)
  • PTWC: Álvaro Illobre (Náutico de Narón)
  • TRIPONTEVEDRA 2018

Quizáis che interese…