CASE 200 INSCRITOS NO XI DÚATLON DE GUITIRIZ  QUE SE CELEBRA O 11 DE FEBREIRO  

9 de Febreiro de 2017

O sábado 11 de febreiro celebrarase o  XI Dúatlon Concello de Guitiriz, que conta cunha inscrición de preto de douscentos deportistas (195). En Guitiriz comeza o Circuíto Galego de Dúatlon de Estrada 2017, que está formado por cinco probas.

Entre os participantes, nomes destacados coma Alberto Castiñeira (Tríatlon Arteixo), Ismael López (Tríatlon Vilagarcía), Pablo Pedrosa (Tríatlon Ferrol) ou David Méndez (Cidade de Lugo Fluvial), entre outros. Na proba feminina participará a vencedora da edición do pasado ano, Cristina Torres (Mar de Vigo), así coma Esther Rodríguez (Cidade de Lugo Fluvial), Marga Villaverde (GV Sports) ou Emma Romeo (Tríatlon Ferrol).

O Dúatlon de Guitiriz, que se celebra sobre a distancia sprint (5 quilómetros a pe, 20 quilómetros en bicicleta e 2,5 de carreira a pe), ten como punto de saída e de chegada a Praza da Igrexa. A proba feminina comezará ás 17:10 horas, mentres que a masculina terá dúas saídas (15:30 e 17:00 horas, con corte).

O Circuíto Galego de Dúatlon de Estrada 2017 está formado por cinco   probas: Guitiriz, Cidade de Lugo, Riveira, Santiago e Arteixo. Está en  xogo a clasificación para o Galego de Dúatlon, que se celebrará en Vigo o 9 de abril.

Ano 2016. Nicolás Domínguez (HPS Tríatlon) e Cristina Torres (Mar de Vigo) proclamáronse o pasado ano gañadores do X Dúatlon Concello de Guitiriz, que tamén foi a primeira proba do Circuíto Galego de Dúatlon de Estrada 2016.

 

 

Quizáis che interese…