CASE 240 INSCRITOS NO DUATLÓN CONCELLO DE VEDRA QUE SE CELEBRA O SÁBADO 15

13 de Marzo de 2014

Case 240 deportistas participarán o sábado 15 de marzo no I Duatlón Concello de Vedra, cuarta e última parada do Circuíto Galego de Duatlón de Estrada 2014. Polo momento, é a proba con maior participación das disputadas esta tempada.

Hoxe  tivo lugar no Concello de Vedra a presentación do I Duatlón Concello de Vedra, acto no que participaron o alcalde Carlos Martínez Carrillo, o vicepresidente da Federación Galega de Tríatlon, Luís Piña, e Ismael García Vázquez, do club Olímpico de Vedra.

Espérase unha proba aberta, tanto na categoría masculina coma na feminina. Entre os deportistas inscritos hai que destacar a presenza de Brais Canosa (Arcade Inforhouse), Alejandro Álvarez Vázquez (Cidade de Lugo), José Manuel Pardo Leis (Muralla de Lugo) ou Brais Cupeiro (Tríatlon Ferrol). Na categoría feminina tamén haberá importantes deportistas coma Marina González (Tri-Penta Terras de Lugo), Marta Barbeito (A.D. Fogar) Xiana Rendo (Dexter Tríatlon) e as cadetes de ouro Sara Rial, Carmen Gómez ou Inés Santiago.

O Duatlón Cidade de Lugo, que se celebrará sobre a distancia sprint (5 quilómetros a pe, 19 quilómetros en bicicleta e 2,5 de carreira a pe), terá como punto de saída, transición e meta a Carballeira do Souto,. Haberá dúas saídas masculinas (16:00 e 17:40 horas, a máis selectiva) e unha feminina (17:30).

O Circuíto Galego de Duatlón de Estrada está formado por catro probas:  O Carballiño, Guitiriz, Lugo e Vedra. Todas son clasificatorias para o Campionato Galego (logran praza os 22 primeiros clasificados), que terá lugar en Santiago de Compostela a finais de marzo (día 30).

María Ortega e Nan Oliveras, ambos do Tri-Penta Terras de Lugo, proclamáronse gañadores do Aviamandu Concello de O Carballiño, mentres que a mexicana Adriana Barraza (Muralla de Lugo) e Gustavo Rodríguez (Cidade de Lugo Fluvial) lograron o triunfo en Guitiriz. Na terceira proba, en Lugo, os vencedores foron Adriana Barraza e Abraham Roberto Castellanos (ambos do Muralla de Lugo).

Quizáis che interese…