CASE CATROCENTOS PARTICIPANTES NO II TRÍATLON ATLÁNTICO BAIONA

3 de Xuño de 2016

O domingo 5 de xuño terá lugar en Baiona o II Tríatlon Atlántico Baiona – Campionato Galego de Tríatlon Curta Distancia sen Drafting 2015, coa participación de case 400 deportistas.

O Campionato Galego dispútase sobre a distancia olímpica (1.500 metros de natación, 40 quilómetros de bicicleta e 10 quilómetros de carreira a pe) e a saída, boxes e meta están situadas na praia de A Barbeira. A principal característica desta proba é que se disputarán sen drafting, é dicir, estará prohibido ir a roda doutro ciclista ou circular en pelotón.

A proba comezará ás 09:00 horas na praia de A Barbeira e entre os participantes hai importantes triatletas polo que se espera un magnífico espectáculo. Na categoría masculina destacan Pablo Dapena (Cidade de Lugo Fluvial), Cristóbal Dios (Tri-Penta Terras de Lugo), José Manuel Pardo Leis (Tríatlon Arteixo), Pedro Antonio Esmoris (Tríatlon Arteixo) ou Lucas Escaneo (Tríatlon Morrazo). Na categoría feminina (09:10) están inscritas María Ortega (Tri-Penta Terras de Lugo), Sonia Pariente (G.V. Sports Club) ou Blanca Labandeira (Mar de Vigo), entre outras deportistas destacadas.

 Ano 2015. Uxío Abuín e María Ortega proclamáronse  en Baiona campións do  I Tríatlon Atlántico Baiona – Campionato Galego de Tríatlon Curta Distancia sen Drafting 2015, nunha proba espectacular con case 400 deportistas.

 

Quizáis che interese…