SUSANA RODRÍGUEZ, CAMPIOA DO MUNDO DE PARADUATLÓN EN AVILÉS

4 de Xuño de 2016

Susana Rodríguez Gacio proclamouse hoxe campioa do Mundo de Paraduatlón na categoría PT-5 (deportistas con discapacidade visual), nunha proba que a viguesa vivió con moita ilusión por ser a primeira que gaña con Mabel Gallardo.

Susana enfrontaba o Mundial máis coma un adestramento de calidade, sobre todo porque non estaban as súas principais rivais pensando nos Xogos de Río. Pero agora necesita moitos adestramentos para acadar a mellor compenetración con Mabel nun tempo record, e por iso estaba moi satisfeita ao remate da proba.

Andrés Cendán. Pola súa banda, o galego Andrés Cendán acadou a quinta posición na proba júnior masculina. O galego foi de menos a máis e rematou con moita forza e remontando posicións.

 

Na categoría elite, os resultados non foron bos para os galegos. Iván Cáceres foi 23º, mentres que Gustavo Rodríguez ocupou a 35ª posición.

 

Quizáis che interese…