CASE DOUSCENTOS INSCRITOS NO DUATLÓN CONCELLO DE LUGO QUE SE CELEBRA O 22 DE MARZO

19 de Marzo de 2015

O domingo 22 de marzo celebrarase o  XXV Duatlón Concello de Lugo “Memorial Alejandro López”, que conta cunha inscrición de preto de douscentos deportistas (185). Esta é a terceira proba do Circuíto Galego de Duatlón de Estrada 2015.

O Duatlón Cidade de Lugo, que se celebra sobre a distancia sprint (5 quilómetros a pe, 20 quilómetros en bicicleta e 2,5 de carreira a pe), desenvolverase nos arredores do Pazo de Feiras e Congresos de Lugo, tendo como punto de saída e de chegada o propio recinto. A proba feminina comezará ás 11:20 horas, mentres que haberá dúas saídas masculinas (ás 10:00 e ás 11:30, para os deportistas de máis nivel). Entre os participantes destaca a presenza de Brais Canosa (Arcade Inforhouse) e Gustavo Rodríguez (Tri-Penta Terras de Lugo). Na proba feminina, figura Inés Santiago (Tríatlon Ferrol) e tamén a presenza da paratriatleta Susana Rodríguez (Cidade de Lugo Fluvial).

O Duatlón Cidade de Lugo recibe o nome de “Memorial Alejandro López” en homenaxe ao ex directivo da Federación Galega de Tríatlon, que finou hai uns anos. O Circuíto Galego de Duatlón de Estrada 2015 está formado por tres  probas. A primeira é a de Noia; a segunda,  Guitiriz (7 de marzo) e a terceira é o Duatlón Concello de Lugo (22 de marzo). Todas son clasificatorias para o Campionato Galego (logran praza os 30 primeiros clasificados), que terá lugar en Santiago de Compostela o 18 de abril. Os gañadores do Duatlón de Noia foron Abraham Castellanos (Tríatlon Arteixo) e Verónica Montes (Trinity Tríatlon), mentres que Gustavo Rodríguez (Tri-Penta Terras de Lugo) e Joselyn Brea (Tri-Penta Terras de Lugo) proclamáronse vencedores do IX Duatlón Concello de Guitiriz.

 

 

Quizáis che interese…

Oleiros é Tríatlon

Oleiros é Tríatlon

[Actualizado 13:00 01 de Junio de 2021] Xa temos os gañadores e as clasificacións do Tríatlon de...