CASE DOUSCENTOS RAPACES NO TRÍATLON DE MENORES DE FERROL

7 de Xullo de 2016

Este sábado 9 de xullo (10:00 horas) celebrarase o Tríatlon de Menores de Ferrol 2016 – Tríatlon Divertido coa participación de case 200 deportistas das categorías benxamín, alevín, infantil e cadete.

A proba terá como punto de saída, chegada e zona de transición o Peirao de Curuxeiras (Porto de Ferrol) e as distancias serán diferentes segundo a categoría.

Benxamín: 100 metros de natación – 2 quilómetros de bicicleta – 500 metros de carreira a pe.

Alevín: 200 metros de natación – 4 quilómetros de bicicleta – 1.000 metros de carreira a pe.

Infantil: 400 metros de natación – 8 quilómetros de bicicleta – 2 quilómetros de carreira a pe.

Cadete: 750 metros de natación – 10 quilómetros de bicicleta – 2.500 metros de carreira a pe.

 

Quizáis che interese…

Galegos con maiúsculas

Galegos con maiúsculas

Antonio Serrat, Susana Rodríguez, Antonio Benito, Cidade de Lugo Fluvial, Pablo Dapena e as...