CEDEIRA ACOLLERÁ O 16 DE XULLO O CAMPIONATO GALEGO DE TRÍATLON DE CATEGORÍAS MENORES CON 272 PARTICIPANTES

14 de Xullo de 2016

Por segundo ano consecutivo, o Campionato Galego de Tríatlon de Categorías Menores celebrarase na localidade de Cedeira coa participación de case 275 deportistas (59  benxamíns, 67  alevíns, 83 infantís e 63 cadetes). O Galego de Menores terá lugar o sábado 16 de xullo (a partir das 14:45 horas) e ao día seguinte disputarase o II Tríatlon Popular de Cedeira.

Será unha fin de semana adicada ao tríatlon nesta fermosa localidade. Comezamos o sábado coa celebración do Galego de Tríatlon de Categorías Menores. A saída, transición e meta estarán ubicadas na Praia da Magdalena e haberá premios para os tres primeiros clasificados de cada categoría. As distancias serán diferentes dependendo da categoría: Benxamín (100 metros natación – 2 quilómetros en bicicleta – 500 metros de carreira a pe); alevín (200 m. – 4 qm. – 1 qm.);  infantil (400 m. – 8 qm. – 2 qm.) e cadete (750 m. -10 qm. – 2,5 qm.).

O domingo 17 de xullo (13:30 horas) celebrarase a segunda edición do Tríatlon Popular de Cedeira, no que hai inscritos 144 deportistas. As distancias para esta proba serán de 750 metros de natación, 20 quilómetros de ciclismo e 5 de carreira a pe.

 

 

 

 

 

Quizáis che interese…